SalvaxeSalvaxe

Cheiras iso?

Nos cinemas a partir do 21 de marzo

Biznaga de Plata al mejor documental | Festival de Málaga
Premio de Cine Socioambiental - Mención Honorífica | Festival Internacional de Cine en Guadalajara
Mellor Film galego | Play-doc Festival
Mención Especial del Jurado Sección Oficial | Festival de Cine Documental Alcances
Mellor dirección | OUFF 29
Premio Público a Mejor Película - sección Impacto | Another Way Film Festival
Cinema Falado: Porto/Post/Doc
Festival de documental de Tesalónica
L’alternativa. Festival de Cinema Independent de Barcelona
London Spanish Film Festival
Cinespaña Toulouse
Salvaxe Salvaxe

Unha película de Emilio Fonseca

Producida por Xiana do Teixeiro e Animala Estudio Audiovisual

86′ | 2024 | Apta para todos os públicos
Versións dispoñibles en: galego, castelán, portugués, inglés, francés

“Cheiras iso?” A cámara adéntrase nos montes da Galiza e o norte de Portugal entre murmurios. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos. Salvaxe, salvaxe rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. Este ensaio fílmico é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.


DIRECCIÓN, FOTOGRAFÍA, MONTAXE Emilio Fonseca
GUIÓN Xiana do Teixeiro e Emilio Fonseca
PRODUCIÓN EXECUTIVA Xiana do Teixeiro
DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN Sabela Mendoza
DELEGADO DE PRODUCIÓN Jaime Muguruza
XEFA DE PRODUCIÓN Uxía de Buciños
DIRECCIÓN DE ARTE Laura Ginés
ANIMACIÓN Laura Ginés Pepon Meneses
SUPERVISIÓN FX Laura Iturralde 
MÚSICA Anxe Faraldo
DESEÑO SONORO Xoán Xil-López 
ETALONAXE Pablo Cayuela – Laboratorio Numax
MESTURA DE SON David Machado – La Panificadora Estudios 
COA COLABORACIÓN CIENTÍFICA DO  Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos da Universidade de Porto (CIBIO-Biopolis)

Que se dixo

Philip Hoare

Autor de Leviatán, o la ballena

«Unha película sorprendente e cativadora»

Fernando Bernal

Cinemanía

«embriagadora obra»
«una pieza inmersiva, con una fuerte carga política y militantemente animalista»

Andres Castro

Nós Diario - Sermos Galiza

«Unha experiencia cinematográfica sensorial, reflexiva, filosófica e, por veces, poética sobre a natureza transitoria de todos os seres vivos.»

Jonay Armas

Caimán Cuadernos de Cine

«Un documental apasionado, respetuoso y arrollador (...)
En ese abrazo al multiformato como única posibilidad de exploración contemporánea, en esa rabiosa apuesta por una experimentación que proponga soluciones de representación a los límites de nuestra mirada, en esa humildad del acercamiento al mundo animal donde incluso la voz ha sido desterrada, hay algo tan poderosamente vivo que la película, imperfecta y apasionada, se vuelve también imprescindible.»

Xurado do Festival Play-Doc

Premio ao mellor filme galego

«Pola súa capacidade de suxestión, a través dunha abordaxe inmersiva cun inesquecible deseño sonoro, onde o telúrico, o poético, o antropolóxico e o político converxen con fluidez, ofrecendo unha película que reflexiona sobre un dos motivos centrais do noso tempo e revisa o concepto de salvaxe.»

Xurado do Festival de Málaga

Premio ao mellor documental

«Por repensar la categoría de Salvaje desde nuestro apocalipsis climático, reinventando una sensibilidad híbrida donde ojo y oído se vuelven medio animal medio humano medio técnico, para invitarnos a reeducar nuestra capacidad de asombro, ternura y conciencia interespecie»

Próximos pases

Cidade
Cine
Data
Hora
Anotacións
Santiago de Compostela
Facultade de Comunicación USC
07/05/2025
17:00h
Con presenza do director
A Coruña
Filmoteca de Galicia
14/05/2025
20:30h
Con presenza do quipo
A Coruña
Filmoteca de Galicia
16/05/2025
18:00h
Girona
Cinema Truffaut
17/05/2025
11:00h
+Brutal Moods, amb la presència de Marta Bisbal i Andrés Hispano. Gratuït
Organiza a túa proxección
Descargas